Denuncia que comezan os traballos para executar o vertido na mina de San Finx a pesar da oposición da poboación

1 year ago 48

  • Ecoloxistas en Acción denuncia que comezan os traballos para executar o vertido na mina de San Finx a pesar da frontal oposición da poboación da comarca de Noia e de todo o sector pesqueiro.
  • A organización ecoloxista chama a mobilizarse o 29 de abril en Santiago e apoiar a manifestación convocada polas cofradías para impedir a catástrofe ambiental que causaría este vertido de drenaxe ácido de mina.
Desmonte para a instalación da prante de achique na mina de San Finx

Desmonte para a instalación da pranta de achique na mina de San Finx.

Esta semana a filial da empresa australiana Pivotal Metals comezou os traballos de construción dunha planta de tratamento de achiques de mina na súa explotación de San Finx, en Lousame, como paso previo ao inicio do baleirado de centos de miles de metros cúbicos de augas contaminadas. Unha operación que podería comezar antes do verán.

Ecoloxistas en Acción verificou o comezo das obras, coa explanación da zona na que se vei construír unha nave de tratamento de augas, cuxa eficacia foi cuestionada por cofradías, concellos e ducias de colectivos ambientais. As actuacións son ilegais, xa que a actividade non foi sometida a unha avaliación de impacto ambiental e o proxecto aprobado en 2009, que contempla 12 postos de traballos, non prevía ningún tipo de tratamento para a auga contaminada con metais pesados.

A organización ecoloxista cualifica como “temeraria” á Xunta, ao permitir o inicio das obras e dos vertidos sen antes de resolver as ducias de recursos de alzada presentados contra a autorización de vertidos outorgada ilegalmente o pasado mes de febreiro, e pola que xa foron incoadas dilixencias penais nos Xulgados de Santiago contra os funcionarios e altos cargos responsables. Ademais Ecoloxistas en Acción anuncia a presentación inminente de demandas ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tan pronto transcorra o prazo de 3 meses do que dispón a Consellaría de Infraestruturas para resolver os recursos.

A organización ecoloxista considera que permitir o baleirado da mina pode causar un prexuízo gravísimo e irreparable nos ecosistemas e bancos de marisqueo da ría de Muros e Noia, e que  ademaisnon ten sentido ningún, xa que, unha vez que mesmo que se baleiren as augas das plantas inundadas, a empresa australiana non dispón dos permisos para poder realizar a explotación.

Lembran que a obtención dos permisos de explotación podería demorar anos ao precisar dunha avaliación de impacto ambiental, mentres que os achiques de mina, que chegarían a duplicar o caudal do río, terán que ser continuos, provocando unha contaminación con metais pesados permanente e totalmente innecesaria.

La entrada Denuncia que comezan os traballos para executar o vertido na mina de San Finx a pesar da oposición da poboación aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article