Denuncian a gravidade da contaminación por metais pesados nos ríos da contorna da mina de Touro

1 week ago 23

  • Dentro da súa campaña de monitoreo  da contaminación procedente da mina de Touro, Ecoloxistas en Acción encargou a un laboratorio acreditado a mostraxe dos ríos que saen da mina.
  • Os resultados das análeses confirman os vertidos de augas hiperácidas procedentes da mina, xa que os ríos mostreados conteñen altos niveis de níquel, cadmio, mercurio e selenio, que nalgún dos casos chega a superar en 100 veces o limiar legal.

Ecoloxistas en Acción iniciou un proxecto de monitoreo dos cursos de auga afectados polas drenaxes da mina de Touro, ante a pasividade da Xunta de Galicia e as tentativas da empresa mineira de ocultar a existencia de contaminación grave e persistente no entorno da explotación.

Regato procedente da mina coa auga contaminada

Dentro desta campaña de seguimento Ecoloxistas en Acción  encargou a un laboratorio oficial a toma de mostras de augas nos ríos Brandelos, Pucheiras e Portapego e dunha escorrentía da antigua balsa de lodos sellada despois do peche da mina. Os resultados das analíticas confirman a contaminación por metais nos catro puntos analizados, todos eles con resultado físico-químico insatisfactorio e elevados niveis de níquel, cadmio, mercurio, selenio. Unhas augas contaminadas que están afectando a varios afluentes do río Ulla en zonas da rede Natura 2000.

No río Pucheiras a concentración de mercurio (10 microgramos/litro) excede en máis de 100 veces o máximo permitido  e os índices de cadmio e níquel duplican e triplican, respectivamente, os limiares da normativa da calidade ambiental. No caso do río Portapego, o valor de níquel (140 microgramos/litro) é 7 veces superior ao límite legal, mentres que o de cadmio case o triplica. Pola súa parte, o río Brandelos, no que de xeito reiterado se verten augas contaminadas procedentes da corta de Bama, tamén ten niveis de mercurio 100 por enriba do permitido.

O monitoreo realizado por Ecoloxistas en Acción tamén analizou os focos das emisións. Así, as augas hiperácidas da balsa lodos de Angumil, presentan un pH de 2,7, extremadamente baixo. Na mostraxe do vertido desta balsa de lodos hai presenza de altas concentracións de mercurio, 100 veces maior do valor máximo. Tamén de selenio cun valor (4,0 microgramos/litro) e níquel (290 microgramos/litro), en todos os casos moi por riba dos niveis de referencia que establece a lexislación.

Estes resultado veñen a confirmar as denuncias de Ecoloxstas en Acción alertando de que a balsa de lodos da mina pechada en 1988 non foi selada adecuadamente e ten filtracións hiperácidas á cuneta do perímetro que recolle as augas pluviais. Unhas escorrentías que verten e contaminan os regos próximos.

Ademais de trasladar os resultados analíticos ao xulgado instructor de Arzúa, que investiga os presuntos delitos contra o medio ambiente, Ecoloxistas en Acción chama á Administración a actuar frente ás denuncias relativas aos vertidos continuados desde a balsa de Bama, que se estiveron producindo entre febreiro e maio deste ano sen ningún tipo de autorización, ás que se suman as denuncias realizadas en outubro polos vertidos permanentes aos ríos Pucheiras e Portapego.

“A pesar da reiteración dos vertidos contaminantes e das múltiples denuncias que realizamos,  que levaron ao inicio dun expediente sancionador por Augas de Galicia e un procedemento penal, a empresa propietaria, Explotaciones Gallegas, apenas foi sancionada cunha sanción leve. Unha cantidade que é calderilla para a empresa infractora”, lamenta Isabel García, voceira de Ecoloxistas en Acción.

La entrada Denuncian a gravidade da contaminación por metais pesados nos ríos da contorna da mina de Touro aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article