Ecoloxistas en Acción denuncia á Xunta de Galicia ante a Fiscalía europea polo Eixo Mobilidade Milladoiro – Santiago 

1 day ago 70

  • A Fiscalía Europea confirmou a recepción da denuncia presentada por Ecoloxistas en Acción, pola actuación da Xunta de Galicia no proxecto e obras do denominado “Eixo de Mobilidade Sostible Milladoiro-Santiago”.

O proxecto e obras do denominado “Eixo de Mobilidade Sostible Milladoiro – Santiago”, financiado con 7 millóns de euros de fondos europeos Next Xenerations, consiste nun vial para bicicletas e peóns entre Milladoiro e a Estación Intermodal de Santiago.

Ecoloxistas en Acción alerta que trátase dunha intervención urbana dura: unha rúa formigonada e pavimentada con beirarrúas e iluminación, de 6 metros de ancho, con taludes e escolleras, que discorre polas veiras do rio Sar, o seu bosque de ribeira, o bosque patrimonial do Banquete de Conxo, e mesmo penetra na horta do Convento de Conxo, Bien de Interese Cultural incluído na Declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Tanto desde a organización ecoloxista como desde a asociación veciñal Conxo Aberto sinalan que esta actuación ademais dun grave dano ecolóxico e tamén comporta un grave impacto negativo cultural e patrimonial. Así foi manifestado por Conxo Aberto nos seus escritos de alegacións ante a Consellería de Mobilidade e Infraestruturas, promotora do proxecto, e mesmo en reunións presenciais con responsables e técnicos da Consellería.

Destacan que, a maiores, a intervención ten lugar na area dun proxecto anterior  igualmente financiado con case 1 millón de euros de fondos europeos Next Generation, o Proxecto Eco-bosque Rio Sar do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Concello de Santiago, que buscaba precisamente a restauración e renaturalización e aumento a biodiversidade das mesmas ribeiras ee bosques que o Eixo de Mobilidade pretende agora arrasar co seu vial.

“A incompatibilidade de ambos proxectos e evidente e notoria e, aparte dos danos indicados supón a dilapidación irregular de fondos europeos en dous proxectos incompatibles, no que un anula ou destrúe o desenvolvido polo anterior; o que comporta un posible delito de malversación de fondos públicos da Unión Europea”, denuncia Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Por este motivo Ecoloxistas en Acción ven de presentar a correspondente denuncia ante a fiscalía europea especializada na investigación e persecución destes delitos, e apoia decididamente á asociación veciñal Conxo Aberto  estudando as diversas accións legais posibles para evitar o desastre ambiental e patrimonial. “As obras de tala e apertura dunha pista forestal, especificamente prohibida, comezaron xa en Xullo dentro do Convento de Conxo e no bosque de ribeira da propia area, e avanzan actualmente a un ritmo preocupante no entorno do Milladoiro, resultando inaplazable a sua paralización cautelar para evitar danos irreparables”, alerta Luciano Villar, voceiro da asociación veciñal Conxo Aberto.

La entrada Ecoloxistas en Acción denuncia á Xunta de Galicia ante a Fiscalía europea polo Eixo Mobilidade Milladoiro – Santiago  aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article