Informan negativamente sobre o parque eólico mariño Ventus polo seu forte impacto

1 year ago 54

Ecoloxistas en Acción informa negativamente ao MITECO sobre o parque eólico mariño Ventus polo seu forte impacto sobre a biodiversidade e a actividade pesqueira sostible.

A entidade, consultada ao respecto polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, considera que o proxecto da cordobesa Abey Energy & Infraestructure S.L. non debe considerarse de maneira única pois alén dos 40 aeroxeradores de 15 MW e 260 metros de altura en punta de pa planteados pola mercantil, que ocuparían unha inmensa superficie mariña de 127 kilómetros cadrados, hai que sumar o forte impacto sinérxico e acumulativo dos proxectos Celta I, de Ferrovial (33 aeroxeradores, 495 MW), Galwind, do Grupo Cobra (68 aeroxeradores, 1000 MW) e San Brandán e San Cibrao (35 aeroxeradores e 490 MW cada un deles).

Por si alguén o olvida, ademáis, na contorna do proxecto eólico mariño Ventus atópanse un total de 22 caladoiros pesqueiros da que dependen de maneira directa e indirecta miles de familias, sen olvidar a afección potencial en todas as súas fases sobre hábitats sensibles (tamén a nivel terrestre) e un gran número de aves ameazadas, algunhas en perigo de extinción, como no caso do alcaraván común (Burhinus oedicnemus).

Doutra banda, diversos estudos científicos confirman que aparte da contaminación lumínica dos aeroxeradores e infraestruturas asociadas o aumento do ruído e a vibración vinculados ao desenvolvemento da eólica mariña pode conlevar un aumento da mortandade de larvas de especies de peixes e invertebrados, o desplazamento ou a interrupción dos seus patróns migratorios e os seus comportamentos reprodutivos, pero ademáis destes danos significativos sobre a biodiversidade mariña hai que considerar tamén os danos irreparables á paisaxe, co que isto supón de afección ao sector turístico na costa lucense.

Tramitación improcedente por parte do Goberno de España

Alén do criterio desenvolvido a nivel gubernativo, Ecoloxistas en Acción valora que non parece procedente que se tramiten este tipo de consultas por parte do MITECO cando aínda se está a traballar na elaboración da planificación do espazo marítico (POEM) sen determiñarse todavía as posibles zonas de implantación e sen ter, polo tanto, un espazo físico confirmado no que instalar este tipo de proxectos.

Postura rotunda de Ecoloxistas en Acción contra a instalación de parques eólicos mariños

Finalmente, a Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, ten unha posición clara e definida contraria a instalación de este tipo de megaproxectos mariños, considerando que poden provocar un dano irreparable nas zonas nas que se instalan, polo que este tipo de iniciativas non compensa baixo ningún concepto e non deben ser consideradas nin estratéxicas nin de interés público, máis tendo en conta que este tipo de infraestruturas supoñen unha ameaza sen precedentes para a biodiversidade e poden causar colisións de aves, mamíferos e tartarugas mariñas alén de problemas significativos sobre as comunidades pesqueiras e o seu tecido social e produtivo.

La entrada Informan negativamente sobre o parque eólico mariño Ventus polo seu forte impacto aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article