Instan á Xunta a denegar permiso mineiro na Rede Natura de Pena Trevinca

1 year ago 34

Ecoloxistas en Acción solicita á Xunta a denegación do permiso de investigación minero de ouro nomeado «Bibi» núm. 5284, en Viana do Bolo, debido a que o plan de restauración é inadmisible debido a carencia de información fundamental para a súa realización e a que adolece das medidas correctoras imprescindibles para a restauración.

Ante a solicitude do permiso de investigación minero de ouro en Froxais, Viana do Bolo, denominado «Bibi», Ecoloxistas en Acción solicita á Consellería de Economía, Industria e Innovación que se esixan as consecuentes rectificacións tanto de identificación e inventario de recursos vivos e arqueolóxicos, como a modificación de propostas do Plan de restauración conforme a eles, que inclúa detalladamente a planificación respecto á restauración posterior ao permiso de investigación solicitado, redactando un Plan de restauración real de todo o que sexa danado con este permiso mineiros.

A organización ecoloxistas expresa a súa máis rotunda oposición a que sexa outorgado un permiso de investigación mineiro dentro da Rede Natura 200 de Pena Trevinca. Ademais, sinalan que na tramitación agochou que os terreos onde se van a desenvolver os labores mineiros abranguen a Zona Especial de Conservación (ZEC) Pena Trevinca e a zona de especial protección para as aves (ZEPA) Pena Trevinca, incluídos na lista de Lugares de Interese Comunitario (LIC).

Ecoloxistas en Acción insta á Xunta a non eludir a súa responsabilidade na protección do medio ambiente, xa que é evidente que calquera actividade mineira, pola súa propia natureza afecta de forma moi apreciable ao territorio que ocupa, mediante a destrución directa do chan (e por tanto dos hábitats que se sustentan nese chan) no caso da minería ao descuberto, e mediante as afeccións ao subsolo, ás augas subterráneas e superficiais nos casos de minería ao descuberto e subterránea.

Destacan que o proxecto ademais sobreponse coas zonas de protección do xacemento arqueolóxico romano de Caveancos, circunstancia tamén omitida en toda a documentación presentada, a pesar de que se atopa inventariado no Plan Básico Autonómico de Galicia. A execución dos traballos mineiros propostos podería ter un impacto crítico sobre os elementos do patrimonio cultural, particularmente cando non se realizou unha prospección arqueolóxica na zona do permiso de investigación.

A Administración mineira galega debe denegar o permiso de investigación cando exista unha incompatibilidade da actividade mineira, calquera que sexa a súa intensidade, coas limitacións ambientais legalmente impostas nos terreos sobre os que se solicita o permiso. Por iso, Ecoloxistas en Acción agarda que a Xunta denegue este ou calquer permiso mineiro, sexa de prospección ou de explotación, en zonas protexidas ou de gran valor ambiental, como é este caso.

La entrada Instan á Xunta a denegar permiso mineiro na Rede Natura de Pena Trevinca aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article