Lanzan a campaña ‘Bota Contas’ para activar a transición ecosocial

1 year ago 41

  • Ecoloxistas en Acción presenta a súa campaña de concienciación «Bota Contas» para amosar as negatividades do modelo socioeconómico actual.
  • A campaña procura activar a sociedade galega para abordar os cambios necesarios ante o grave impacto ambiental que están causando algúns dos usos e hábitos considerados «normais» na sociedade.

«Bota Contas», a campaña de concienciación de Ecoloxistas en Acción, amosa as negatividades ambientais e sociais do modelo socioeconómico actual.  Con ela, a organización ecoloxista pretende que a sociedade galega se active ante a necesidade de abordar os cambios axeitados para evitar o grave impacto ambiental que están causando algúns dos usos e hábitos considerados «normais» na sociedade actual.

A organización ecoloxista sabe que mobilizarse contra as inxustizas ambientais o climáticas non é cómodo para a maioría da sociedade, pero coa súa campaña resaltan que quedarse caladas pode saír moi caro, xa que sería entregar o territorio galego ao extractivismo mineiro ou enerxético e negarlle o futuro ás xeracións vindeiras. Por iso, propoñen activarse na constitución de comunidades enerxéticas, porque, aínda que non é doado, alertan que non sae a conta entregarlle o rural ao oligopolio enerxético.

Fan un chamamento tamén ao consumo responsable porque sinalan que, aínda que pode semellar máis caro a simple vista, se botamos as contas e sumamos o daño ambiental que causan a produción dalgúns productos, moitas veces innecesarios ou fabricados por grandes holding de empresas socialmente irresponsables, decatamonos do custe real dun consumo inconsciente e irracional.

Destacan a necesidade de reducir o consumo de carne e, ao mesmo tempo, diferenciar a gandería tradicional en extensivo da industria cárnica intensivas. Alertan que a contaminación dos acuíferos e augas superficiais que está causando a proliferación de macrogranxas é xa un problema ambiental de primer orden que de no remediarlo hipotecará o futuro dos máis xoves.

O «cochismo», o uso desaforado do automóbil privado, é outro dos hábitos, neste caso de mobilidade, que a organización ecoloxista cre que débese corrixir. Sobre todo, subliñan, nas urbes galegas, nas que anualmente se suceden centos de mortes prematuras e miles de persoas afectadas pola contaminación do aire.

Ecoloxistas en Acción quere que a sociedade galega sexa consciente do pasivo ambiental que acarrexan moitos productos, hábitos de consumo ou usos de mobilidade. Un pasivo que moitas veces está agochado no custe porque a industria non se fai cargo deste pasivo ambiental e o endosa á sociedade. Unha sociedade que remata pagando polo deterioro do medioambiente.

Agardan que coa campaña «Bota Contas», a sociedade galega se active e que cada vez haxa máis galegos e galegas que se neguen a facer do futuro o vertedoiro do presente.

 

La entrada Lanzan a campaña ‘Bota Contas’ para activar a transición ecosocial aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article