Asociacións veciñais e ecoloxistas concentráronse este sábado 5 na praia do Vao ao carón do estribo da ponte de acceso a Toralla para reclamar a entrada libre á illa e a senda peonil litoral aprobada en 2008.
A asociación Veciñal de Coruxo, a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, a Plataforma pola Defensa da ría Vigo-Cíes, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace organizaron unha nova acción en Toralla para reclamar a entrada libre á illa e a senda peonil litoral aprobada en 2008. A acción consistiu no despliegue dunha pancarta xigante co lema de “Únete a reconquista de Toralla” na praia do Vao ao carón do estribo da ponte de acceso a Toralla. Con esta nova acción queren concienciar a cidadanía de Vigo da relevancia de recuperar o espazo público da illa de Toralla para uso e disfrute de todas e todos os vigueses.
Ademais anunciaronse as distintas iniciativas municipais e parlamentarias promovidas e levadas a cabo por o BNG e Sumar Galicia para acadar o acceso libre a esta illa usurpada ás viguesas e vigueses. Tanto Sumar como o BNG presentaron sendas PNLs (Proposta Non de Lei) no Congreso e o BNG, ademais, presentará una iniciativa na comisión de urbanismo do Concello de Vigo e unha moción no Parlamento galego.
As organizacións convocantes fixeron un chamamento ao goberno municipal de Vigo para que emprenda accións legais para recuperar Toralla. Lembran que en 2088 a concelleira Elena Espinosa, daquela ministra de Medio Ambiente, intentou infructuosamente a realización dunha senda peonil ao redor da illa. Por iso, lle piden que non se dea por vencida e que relance o proxecto desde o Concello de Vigo.
“Pedimos ao goberno da cidade que emprenda accións legais para recuperar Toralla e tamén solicitamos á Xunta de Galicia que nos aclare se a nova Lei 4/2023 de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia vai ser útil para isto ou só para contruír hoteis privados na costa e eternizar certas ocupacións do dominio público marítimo-terrestre”, indicaron dende as organizacións convocantes.
A lexislación vixente recolle que calquera persoa pode chegar ata a ribeira do mar a pé. Pero a realidade é que aos visitantes só se lles permite acceder aos areais situados a ambos os dous lados da ponte. A norma contempla restricións ás leiras limítrofes co dominio público marítimo-terrestre para garantir o libre paso dos cidadáns e vehículos de vixilancia e salvamento. Ademais da zona que pertence ao dominio público, a lexislación sinala que o terreo inmediato á ribeira do mar que non é parte de dominio público tamén está afectado por unha serie de servidumes. Establécense obrigas respecto ás servidumes de protección, cuxa función é proporcionar protección á costa e que en xeral recae sobre unha franxa de 100 metros medida terra dentro desde o límite interior da ribeira do mar. Unha extensión que pode ser ampliada en determinados casos ata os 200 metros e redúcese a 20 metros nos terreos xa clasificados como urbanos. Coa modificación realizada en 2013 da lei, a servidume de protección pasa a ser de maneira xeral de 20 metros.
A servidume de tránsito non se cumpre na Illa de Toralla. Tampouco a servidume de acceso ao mar que se establece en varios puntos ao longo da costa para garantir o acceso público e de balde ao mar. O seu tamaño debe garantir a súa función, e non se permite interromper o acceso ao mar se non exiiste un acceso alternativo coa mesma eficacia.
As organizacións convocantes lembran que existen varios pronunciamentos por parte da Xustiza sobre o peche da Illa de Toralla. En outubro de 1997, o Tribunal Supremo rexeitaba o recurso presentado polos residentes particulares da illa que pedían a exclusividade do uso e goce da ponte e as súas praias. Entón quedou claro que a ponte era para uso público de todo o mundo. A sentenza deixaba claro que en base á Lei de Costas os propietarios deberían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima pleamar rexistrada. En definitiva, estamos ante un longo problema de incumprimento legal en relación a dominio público marítimo-terrestre ao que debe poñérselle fin. É un espazo público pero que na práctica utilízase como reserva privada de forma ilegal.
La entrada Nova concentración na praia do Vao para reclamar o acceso libre a illa de Toralla aparece primero en Ecologistas en Acción.